Curso 2015/2016

Este é o blog de 2ºA do CEIP A Lomba. A través del queremos mostrar un pequeno reflexo do noso traballo na aula, así coma compartir con vos información de interese. Esperamos que vos guste.

miércoles, 18 de marzo de 2015

A auga

Estivemos a traballar o tema da Auga. Algunhas das cousas que aprendimos foron: os lugares da terra onde a podemos atopar, o ciclo da auga, os seus estados, a importancia que ten para a vida e cando a aforramos e a malgastamos. Entre outras cousas, estivemos a ver unha serie de debuxos animados baseada neste tema. "Narigota". Ten bastantes capítulos, así que no puidemos vela enteira.