Curso 2015/2016

Este é o blog de 2ºA do CEIP A Lomba. A través del queremos mostrar un pequeno reflexo do noso traballo na aula, así coma compartir con vos información de interese. Esperamos que vos guste.

sábado, 16 de enero de 2016

Unha visita moi especial

Ao cole viñeron uns amigos moi especiais. Dende o refuxio de Cambados viñeron a visitarnos e a explicarnos a importancia de coidar aos animais. A animarnos a que adoptemos e non merquemos cans ou gatos, xa que os amigos non se mercan. Fixéronnos reflexionar sobre as traxedias que viven moitos animais, na maioría das ocasións provocadas polas persoas. Animáronnos a colaborar e axudar en todo o que poidamos con estes pequenos pobres amigos, xa fose adoptando, acollendo, apadrinando, colaborando mensualmente cunha pequena cuota, ou simplemente levándolles alimentos ou produtos de limpeza. Tamén convidáronnos a visitar o refuxio e a ir a pasear con eles os domingos, para que estes animaliños reciban o cariño que tanto precisan.
Recordáronnos que os animais son seres vivos, e non xoguetes que poidamos olvidar cando nos cansemos deles. Por iso, debemos ser responsables nos seus coidados, e darlles todo o que precisan para que teñan unha boa saúde tanto física coma mental.



Este é o enlace a páxina do refuxio:


http://refugiocambados.es/es/


























Clasificando aos animais

Fixemos unha clasificación de animais, segundo fosen vivíparos ou ovíparos e herbívoros, carnívoros ou omnívoros. Por grupos fomos elixindo e aportando exemplos.






















jueves, 14 de enero de 2016

Mapa e indicacións.

Cuns mapas da nosa localidade, en varias sesións, realizamos unha actividade, na que localizamos a nosa casa. Logo localizamos o noso cole, e escribimos que rúas percorremos e por onde pasamos para chegar da casa ao cole. Tamén localizamos edificios, parques e institucións importantes da nosa vila, como é o caso do Auditorio, do Concello, da estación de tren, os diferentes parques, centros de saúde e hospitais,... 
Elaboramos un itinerario coas indicacións do camiño que tendría que percorrer unha persoa para chegar dende a estación de tren ata o colexio.














Xogos populares no patio en Magosto

Que ben o pasamos ese día!!!!