Ao cole viñeron uns amigos moi especiais. Dende o refuxio de Cambados viñeron a visitarnos e a explicarnos a importancia de coidar aos animais. A animarnos a que adoptemos e non merquemos cans ou gatos, xa que os amigos non se mercan. Fixéronnos reflexionar sobre as traxedias que viven moitos animais, na maioría das ocasións provocadas polas persoas. Animáronnos a colaborar e axudar en todo o que poidamos con estes pequenos pobres amigos, xa fose adoptando, acollendo, apadrinando, colaborando mensualmente cunha pequena cuota, ou simplemente levándolles alimentos ou produtos de limpeza. Tamén convidáronnos a visitar o refuxio e a ir a pasear con eles os domingos, para que estes animaliños reciban o cariño que tanto precisan.
Recordáronnos que os animais son seres vivos, e non xoguetes que poidamos olvidar cando nos cansemos deles. Por iso, debemos ser responsables nos seus coidados, e darlles todo o que precisan para que teñan unha boa saúde tanto física coma mental.
Este é o enlace a páxina do refuxio:
http://refugiocambados.es/es/
No hay comentarios:
Publicar un comentario