Curso 2015/2016

Este é o blog de 2ºA do CEIP A Lomba. A través del queremos mostrar un pequeno reflexo do noso traballo na aula, así coma compartir con vos información de interese. Esperamos que vos guste.

viernes, 10 de octubre de 2014

Os libros prestados da casa: un gran éxito!!!!

Eu recoméndoche o meu libro e ti me recomendas o teu.
Aprendemos a coidar as nosas cousas, e tamén as de os demáis. 



Encántannos os libros prestados da casa. Disfrutamos un montón lindo e aproveitamos en canto podemos, para poñernos a ler.




Aprendemos a compartir, e a que outros tamén podan disfrutar das nosas cousas.



jueves, 9 de octubre de 2014

Comezamos a traballar coas regletas

Na clase de matemáticas, estamos a adicar un tempo a coñecer as regletas. Con elas, estamos a descubrir que cada unha ten un valor e que tamén podemos sumar.
Fixemos unha actividade que nos gustou moito: poñer a idade dos nosos pais en regletas!!!


lunes, 6 de octubre de 2014

As laranxas máis laranxas de todas as laranxas

Hoxe fumos ao Auditorio a ver a obra de teatro do autor Carlos Casares. Gustounos moito e pareceunos moi orixinal. Próximamente ensinaremos as "Nosas laranxas máis laranxas".