Comezamos a traballar o Samaín. Aínda que faremos máis cousas ao longo destas dúas semanas, este é un pequeño reflexo do que estamos a facer.
Este mes
estamos a traballar a emoción do medo. Aprendemos que ter medo é algo normal e en algúns casos algo bo para manternos a salvo. Noutros casos e mellor vencer os nosos medos, e a través de contos, fumos vindo como fan as persoaxes para vencelos.
Comezamos a decorar a aula con familias de cabazas. Algunhas teñen máis fillos ca outras; outras so teñen un fillo e outras ningún.
No hay comentarios:
Publicar un comentario